O GROVE> Hai acordo para o despido colectivo de Atunlo no Grove. A maioría do cadro de persoal apoiou a proposta da empresa, presentada esta mañá en asemblea. A CIG, decidiu desmarcarse deste acordo por falta de información e por considerar insuficientes as medidas propostas, insistindo en que non hai garantías de que o cento de persoas despedidas vaia cobrar indemnizacións. Finalmente na planta de Cambados vanse cubrir 8 vacantes con persoal do Grove, fronte as 20 que se propoñían. Deste xeito, o número definitivo de despedimentos na planta da Siradella queda en 116.
Os traballadores da planta de Atunlo no Grove apoiaron por maioría a proposta de despido colectivo. Foi nunha asemblea celebrada esta mañá. A última oferta da dirección foi ben acollida polo cadro de persoal.
Con todo, só Comisións Obreiras, con maioría no comité de empresa, sela este acordo con Atunlo.
A CIG, decidiu desmarcarse por dous motivos: falta de información e por considerar insuficientes as medidas propostas, insistindo en que non hai garantías de que o cento de persoas despedidas vaia cobrar indemnizacións, á vista da inestabilidade da empresa, en preconcurso de acredores.
A central nacionalista di “respecta-la decisión da maioría do cadro de persoal”. Emitiu un documento coas alegacións ao acordo. Desconfían del polo descoñecemento que, afirman, teñen sobre o Plan Final de Reestruturación anunciado pola compañía e da situación da regocaciación das débedas cos acredores.
Por outra banda, a proposta de que polo menos unha vintena de traballadores do Grove fosen recolocadas como fixas discontinuas na factoría de Cambados non foi aceptada, pero puxeron a disposición oito vacantes, con contrato indefinido e mantendo a antigüidade da planta meca.
Deste xeito, o número definitivo de despedimentos en Atunlo O Grove queda en 116.











