Luís González asume a xerencia do hospital do Barbanza

    novoxerentehospitalbarbanza_100_170609.jpgBARBANZA> A Conselleira de Sanidade presidiu o acto de toma de posesión do novo xerente do hospital do Barbanza, Luís González Taboada.

    {flowplayer}barbanza/novoxerentehospitalbarbanza.flv{/flowplayer}

    O hospital do Barbanza abre unha nova etapa co relevo do seu equipo directivo . Á cabeza estará o doutor Luís González Taboada que ata o momento viña ocupando o posto de subdirector operativo nas Urxencias do CHUS. A súa formación, que inclúe másters en Medicina de Urxencias, Alta Dirección Sanitaria e Economía da Saúde, entre outras especialidades, aválao como un gran xestor á fronte do complexo comarcal, reto que asume con gran ilusión.

    Luís González tomará o relevo de Rosario Vázquez que asumiu a xerencia durante máis de tres anos, etapa na que se levaron a cabo importantes melloras como a integración do hospital no SERGAS que ata o momento funcionaba como fundación, o incremento de persoal e diversas obras nas instalacións como a implantación do sistema de climatización, a ampliación das portas ou a construción do heliporto, entre outras reformas.

    Integrar servizos

    O acto de toma de posesión estivo presidido pola Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, quen aproveitou a súa intervención para destacar a importancia de coordinar esforzos e integrar atención primaria e especializada. Para elo, o seu departamento aposta por crear novas unidades territoriais, eliminando as direccións provinciais.

    Como retos a medio prazo, a nova titular de Sanidade aposta pola redución dos tempos de espera e a mellora da calidade de vida da poboación. Todo elo, a través dun uso máis eficiente dos recursos, materiais e humanos, en virtude das políticas austeras que marca a actual época de crise económica.

    Redacción Barbanza