Falece unha veciña de Lousame mentres pescaba nas inmediacións do Faro de Corrubedo

    RIBEIRA> Unha muller falecía esta mediodía mentres pescaba nas inmediacións do Faro de Corrubedo. Foi o seu home quen dou a voz de alarma cando comezou a sentirse mal. A pesar da rápida actuación dos servizos de emerxencia, tan só puideron constatar a súa morte. A muller falecida, unha veciña de Lousame de 55 anos con iniciais A.C.C., atopábase pescando nunha zona rochosa a uns cincocentos metros do Faro de Corrubedo, coñecida como Eiteira dos Corvos. Pasada a unha do mediodía comezou a sentirse indisposta polo qeu o seu home dou aviso ós servizos de emerxencia. A pesar da rápida intervención dos equipos sanitarios que accederon ó lugar para practicarlle as manobras de reanimación cardiorrespiratoria, a muller faleceu. Ademais das dotacións de bombeiros de Ribeira e Boiro e o Grupo Municipal de Emerxencias participaron no operativo axentes dos corpos da policía nacional e local.