CxG acusa á alcaldesa muradá de seguir enganando

    MUROS> A voceira de Compromiso por Galicia en Muros, María Xosé Alfonso, vén de acusar á alcaldesa, Caridad González, de seguir enganando ós veciños e mentindo respecto á suba da contribución, cando afirmaba que o concello non tiña nada que ver con este incremento. Dende a formación galeguista, despois de recibir o correspondente informa por parte da Xerencia Rexional do Catastro, afírmase que foi o propio concello muradán o que lle manifestou a súa conformidade coa nova ponencia de valores. Este informe demostra, segundo eles, que a alcaldesa mentiu cando dixo que non o había, incurrindo nunha grave contradición no pleno do pasado 30 de outubro, no que asegurou que o goberno local estaba de acordo en pedir á Dirección Xeral do Catastro que revisara os actuais traballos. Por esta razón dende CxG sinalan que o único culpable deste incremento nos recibos da contribución, que os veciños de Muros sufrirán a partir deste ano 2014, é o propio equipo de goberno.