Ricardo Fernández, novo adestrador do Arousa

ricardo250_170609.jpgVILAGARCÍA> O Arousa ten novo adestrador. Trátase de Ricardo Fernández, que deixa o Ribadumia tras seis temporadas para cambiar de aires. O técnico asume o reto de devolver ó club vilagarcián á Terceira división.

{flowplayer}images/salnes/ricardoArousa_170609.flv{/flowplayer} 

Tras seis temporadas no Ribadumia, nas que acadou dous ascensos, de 2ªRexional a Preferente, chegoulle o momento de deixar A Senra. Na Lomba non quixeron desperdiciar a oportunidade de fichar a un dos adestradores mellor valorados da categoría. Ricardo Fernández será o encargado de dirixir o proxecto deportivo do Arousa da vindeira temporada.

É ademais a volta á que foi a súa casa, xa que militou dous anos no equipo, en 2ª B. A directiva renova polo tanto a aposta en adestradores ós que lles gusta o xogo combinativo e vistoso. Para iso, segundo Ricardo, hai que ter xogadores calidade, por elo comezaron a traballar hoxe na confección do plantel da vindeira temporada, que pouco terá que ver coa da pasada.

Loitar con calquera significa estar cos de arriba, loitando polo ascenso, que segundo o novo técnico arlequinado, debe ser o único obxectivo.

Tarefa dura a que lle queda a Ricardo por diante, nunha Preferente que se agarda máis igualada que nunca e cunha afección que farta de derrotas, exixiirá triunfos.

Redacción Salnés