POIO> Este sábado Poio acollerá a sexta edición do seu Triatlón. A cita deportiva xa está consolidada no calendario galego, con preto de 250 deportistas xa inscritos.
O sexto Triatlón Concello de Poio celebrarase este sábado dende o porto de Campelo. A cita xa está consolidada no calendario galego deste deporte, e nesta edición contará coa participación de preto de 250 atletas.
A xornada arrincará ás 3 e media da tarde coa categoría popular, que transcorrerá por un circuíto reducido. O resto celebraranse na distancia sprint, empezando ás 4 e media coa proba masculina sen conrte de tempo, ás 6 menos dez coa masculina con corte e ás 6 coa feminina.
Os vencedores da proba gañarán unha praza para representar a Galicia no vindeiro campionato de España por autonomías.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/30/ptac_triatlon_campelo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/30/ptac_triatlon_campelo.mp4{/flowplayer}