![]()
SANXENXO> O Real Club Náutico de Sanxenxo acolleu esta mañá a presentación do IX Campionato de España de Fotografía Subacuática en apnea, que se disputa esta fin de semana. Trinta deportistas de todo o país loitarán polo cetro nacional dunha disciplina tan descoñecida como complexa.
{flowplayer}images/salnes/fotosub_170609.flv{/flowplayer}
Despois da experiencia do Campionato Galego, organizado tamén polo Náutico de Sanxenxo e a Sede Náutica de Caixa Galicia, a Federación, desta volta, a española, volve a confiarlles a tarefa de acoller un evento desta características.
O Campionato de España de ‘Cazafotosub’, que é así como se lle coñece a este deporte, chega ó Salnés esta fin de semana. Trinta participantes, homes e mulleres sumerxiranse nas proximidades da Illa de Ons para capturar imaxes, da maior calidade posible e das especies menos habituais.
É un deporte no que hai que reunir moitas cualidades, e no que é preciso estar físicamente ben preparado. Sumérxense repetidamente a 12-15 metros de profundidade durante preto dun minuto.
Xoán López Cambeiro xa sabe o que é gañar en Sanxenxo. Fíxoo con total autoridade o mes pasado no autonómico. Desta volta, a competencia será moito maior.
O venres levarase a cabo a reunión de delegados, o sábado a partires das 10:00 e ata as 15:00 desenvolverase a proba e o sábado pola tarde e na matinal do domingo, o xurado, composto por tres membros e axudados por biólogos da federación e do Aquarium Galicia, decidirán qué fotos son as mellores.
Redacción Salnés







