O Atlantic Fest celebrará 13 concertos adaptados as novas restricións de Vilagarcía

VILAGARCIA> O Atlantic Fest estrearase este verán en Vilagarcía de Arousa. O Festival contará nesta edición 13 concertos. Dende a organización xa prepararon o evento adaptándose as novas restricións da vila.

O Atlantic Fest regresará este 2021 tras un ano de parón nunha nova localización, Vilagarcía de Arousa. O evento estrearase este ano na capital do Salnés con 13 concertos que se celebrarán dende o 12 ao 24 de xullo.

No cartel alternaranse artistas de éxito nacional con artistas da comunidade. Os concertos terán lugar en catro espazos: Na praia da Compostela co espazo Alma Atlántica, no auditorio co espazo Xacobeo, no porto co Vibra Mahou e no entorno da praza da pescadería co escenario Paco y Lola. Todos os espazos están adaptados as novas restricións da vila.

Ademais dos patrocinadores privados, o festival tamén conta co apoio das diferentes administracións. Dende as institucións resaltaron a importancia da celebración destes eventos que garanten a seguridade e fomentan a cultura.

O público estará sentado en todos os concertos e a ocupación está limitada adaptándose á nova normativa. Se a situación o permite, a vindeira edición do Atlantic Fest celebrarase por completo na praia da Compostela.