CAMBADOS> O viño, a cultura e o camiño de Santiago únense en Albariño no camiño. O concello de Cambados en colaboración coa xunta e o consello regulador presentan a primeira edición do festival. Do 3 ao 5 de setembro a programación incluirá actividades culturais, concertos e xornadas vitivinícolas.
Despois de verse aprazado por motivo das restricións, Cambados poderá gozar ao fin da celebración da primeira edición do Albariño no Camiño. A vila estrea un festival que mesturará viño, cultura e o Camiño de Santiago.
Do 3 ao 5 de setembro, o Albariño no camiño incluirá numerosos eventos como mesas coloquio, andainas, actividades para nenos e concertos. As actuacións musicais terá lugar no pazo Torrado con protagonismo de artistas femininas e galegas.
A importancia do albariño no camiño quedará presente coas catas de viño.
Dende o consello regulador destacan a maridaxe entre a cultura, o viño e o camiño de Santiago.
As entradas aos eventos será limitadas para cumprir coas normas de seguridade. Nos casos dos concerto a ocupación máxima é de 500 persoas e as entradas poden conseguirse solicitándose na biblioteca municipal xa sexa presencial, por teléfono ou través do correo electrónico.