NOIA> A Deputación da Coruña vén de convocar unha liña de axudas para conservatorios e escolas de música da provincia. Así o anunciou a deputada provincial de Educación, Sandra González, na visita ó conservatorio de Noia na que tamén se interesou polas necesidades do centro.
A Deputación da Coruña incrementou este ano en 20 mil euros a contía total destinada a conservatorios e escolas de música da provincia. A Convocatoria xa está aberta polo que as distintas entidades encargadas da xestión destes centros poden solicitar xa as axudas destinadas a mantemento, contratación ou adquisición de material. Un dos conservatorios beneficiarios é o de Noia, onde a deputada provincial de Educación realizou o anuncio da convocatoria.
No caso de Noia, é o concello quen asume a xestión e o mantemento do conservatorio coa axuda da administración autonómica e provincial aínda que non é competencia municipal. Por esta razón, reclaman a súa transferencia para poder unha mellor calidade educativa e ampliar a dotación de profesorado de profesorado.erto
O alcalde e o director do conservatorio, aproveitaron a visita da deputada para transmitirlle algunhas das principais necesidades que presneta o coinservatorio, que nos últimos anos foi obxecto de diversas melloras como a dotación dunha caldeira de pellets, o pintado exterior ou a construción dunha marquesiña de abrigo.