Verducido acolle a terceira proba da Copa Galega de Pista

piraguismo250_190609.jpgPONTEVEDRA> Esta fin de semana dispútase no embalse de Verducido a terceira proba da Copa Galega de Pista. A competición comeza mañá para tódalas categorías, que farán percorridos de 1.000, 500 e 200 metros. A proba contará cunha participación masiva en junior e cadete, con 172 saídas programadas.

Non estarán en Verducido algúns dos padexeiros máis recoñecidos, xa que se atopan participando no Europeo de Brandenburgo ou preparando os Xogos do Mediterráneo. É o caso de Jovino González, Carlos Pérez ‘Perucho’, ou Tono Campos, entre outros. No Pontillón do Castro tamén se disputa mañá a cuarta proba da Copa Galega de Veteranos, no que participarán 15 clubs de toda Galicia. Esta fin de semana ademais, comeza Copa de España de Promoción, que se disputa en Zaragoza, e na que estarán 18 clubs galegos.

Redacción Salnés