Cores Tourís visita nesta xornada Meaño e Poio

    touris_poio_100.jpgPOIO> O delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o Concello de Meaño para coñecer de…

    {flowplayer}images/salnes/220609_touris_en_poio.flv{/flowplayer}

     …primeira man as necesidades deste Concello do Salnés. Aquí foi atendido polo alcalde Jorge Domínguez que lle salientou os principais asuntos que deberán ser acometidos polo goberno autonómico nesta localidade.

    Xa pola tarde, o representante do goberno autonómico na provincia continuou ca súa rolda de encontros cos alcaldes, no Concello de Poio. O Delegado foi recibido polo alcalde, Luciano Sobral, quen lle deu conta das principais necesidades deste concello.

    A andaina do delegado continúa mañá noutros concellos pontevedreses como os de Portas e Meis.

    Redacción Salnés