VILAGARCIA> A deputación de Pontevedra e o concello de Vilagarcía presentaron o proxecto de peonalización da rúa Arcebispo Lago. A intervención terá un custo de máis de 600 mil euros financiada en gran parte polas diferentes axudas da administración provincial. O obxectivo do concello é continuar devolvendo aos peóns os espazos da vila.
O concello de Vilagarcía continúa co seu modelo de cidade recuperando espazos para que os peóns sexan os protagonistas. Gran parte do núcleo urbano da vila xa é peonil, pero o concello, mantendo a súa liña de mobilidade tamén peonalizará a rúa Arcebispo Lago en colaboración coa Deputación de Pontevedra.
Con este proxecto, o concello busca representar o que era a antiga Vilagarcía.
O proxecto terá un custo de máis de t00 mil euros, financiado en gran parte polos diferentes programas da Deputación de Pontevedra. Dende a administración provincial sinalan a Vilagarcía como un referente na recuperación de espazos.
A adxudicación do proxecto terá lugar nun prazo de dúas ou tres semanas. Unha vez adxudicado o prazo de execución será de 9 meses.