Os drons e o xeo son os novos aliados contra a velutina

MEIS> A Mancomunidade do Salnés incorpora un novo servizo na súa loita contra a vespa velutina. A entidade conta cunha empresa que emprega drons para rematar cos niños a maior altura. Iso si, en lugar de empregar insecticidas como se facía ata o de agora, o dron dispara bólas de xeo para baixar a temperatura da colmena e acabar coas vespas.

Os drons e o xeo son os novos aliados contra a vespa velutina. A Mancomunidade do Salnés incorpora os servizos dunha empresa tecnolóxica na súa loita contra esta praga, que ofrece unha proposta diferente para acabar con elas.

As bólas están recheas de xeo que baixa a temperatura da colmena nuns cinco graos. Pouco tempo despois, o niño queda sen actividade.

Este servizo é fundamental para eliminar os niños que se atopan a maior altura. Ademais, ofrece unha alternativa máis sustentable e segura ao non empregar insecticidas.

Sete dos nove concellos que forman parte da Mancomunidade sumáronse á súa vez ao programa de loita contra a vespa velutina desenvolto dende o ente comarcal. Dende a súa creación, xa se retiraron 400 niños deste insecto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí