O PSOE reclama unha mellora nas vías de comunicación de Lousame

ampliacionestradaac308_100_230609.jpgLOUSAME> O deputado do PSdeG, Xosé Manuel Lage, solicita a reforma e ampliación da estrada AC-308 entre Noia e Augasantas no concello de Rois.

{flowplayer}barbanza/ampliacionestradaac308.flv{/flowplayer}

Esta non é a primeira vez que o socialista se interesa polo estado desta estrada que conduce de Noia ata o núcleo de Aguasantas no concello de Rois, conseguindo que durante a pasada lexislatura este vial de titularidade autonómica fose obxecto dunha mellora, co reforzo do seu firme, a limpeza das gabeas e o repintado da sinalización horizontal.

Melloras insuficientes

Aínda así as melloras realizadas segundo o propio Xosé Manuel Lage son insuficientes.

O deputado socialista reclama tamén a mellora das vías de comunicación que discorren polo concello de Lousame e que son de titularidade autonómica, xa que segundo el o impulso ás infraestruturas de comunicación terrestre pode supoñer un importante impulso para este concello.

Redacción Barbanza