A ILLA> Area da Secada ábrese á arte. O pinar do areal de A Illa de Arousa acollerá o domingo unha exposición efémera, que mesturará fotografía e obras pictóricas coa paisaxe. Baixo o título “Alén Mar”, reunirá obras da pintora Dores D’allegro e do grupo de fotógrafos “A Retrateira”. Este domingo, a arte será parte da paisaxe de Area da Secada, en A Illa de Arousa. O seu pinar acollerá a mostra “Alén Mar, exposición efémera”. A exposición desenvolverase entre as 10 da mañá e as dez da noite, e estará composta por oito fotografías do grupo de fotógrafos “A Retrateira” e por quince obras pictóricas da pintora Dores D’allegro. Dende o primeiro momento, o concello amosou plena disposición a acoller esta exposición, destacando a importancia de que escollan A Illa como escenario. Ademais da exposición haberá varias sorpresas. Incluso está previsto que a pintora Dores D’allegro pinte un cadro en directo.
Inicio Cultura