Boca Juniors, primeiro equipo en chegar a Vilagarcía para a AF7

arousa7250_040608.jpgVILAGARCÍA > A Arousa Futbol 7 xa comeza a quecer motores e a recibir ós equipos. Como ven sendo habitual o primeiro en chegar foi o Boca Juniors, que o fixo onte á tarde para comezar a adestrar esta mañá.

A dous días para que dé comezo a Arousa Futbol 7 comézase a ultima-los derradeiros detalles. Participan nesta edición 24 equipos, entre os que destacan o Inter de Milan, o Paris Sant Germain, o Real Madrid ou o Atlético de Madrid.

O primeiro equipo en chegar a Vilagarcía foi o Boca Juniors e a partir de agora o irán facendo o resto de conxuntos. O director deportivo da escadra xeneize, Óscar Cuesta, amosouse onte nun acto de benvida moi contento e agradecido pola invitación que recibiron por parte da organización, e aproveitou a ocasión para falar do plantel que traen: débil físicamente pero moi capacitado técnicamente.

Entre as novidades que presenta o torneo deste ano atópase a incorporación dun novo servicio de información para móviles, que permitirá a todo aquel que o desexe recibir mensaxes cos resultados dos partidos en tempo real.

Ademais vinte reclusos da cárcel da Lama axudarán á organización coa loxística da competición. Manuel Diz, director do torneo, tamén fixo saber que a final será arbitrada por un árbitro de nivel internacional, aínda que non quixo desvela-lo nome.

Lembren que a competición comezará este venres e prolongarase ata o domingo, día das finais.

Redacción Salnés