O equipo Desguaces Tino de Rally prepara xa a fin de tempada na Copa RACC

rally_250.jpgRIBADUMIA> A falta de catro rallys para que remate a actual tempada, os integrantes do equipo de Rally do Salnés, Desguaces Tino, composto polos irmáns Celestino e Jorge Iglesias Cores preparan xa a súa vindeira cita, que terá lugar o  día 11, no Rally do Sur do Condado.

{flowplayer}images/salnes/250609_entrevista_jorge.flv{/flowplayer}

Unha tempada na que reciben o apoio directo, en forma de sponsorización, de CANALRIASBAIXAS. O piloto Celestino Iglesias Cores e mailo seu irmán Jorge levan seis anos metidos no mundo dos rally correndo nas distintas probas galegas. Arestora compiten na copa de promoción Racc cun Citroën Saxo dezaseis válvulas no que a penas quedan restos do que foi o coche de serie.

Desde que empezou a tempada, este equipo do Salnés mantívose sempre entre a segunda e a terceira posición mantendo sempre un ritmo regular exento de contratempos importantes. Gran parte do seu éxito reside na súa compenetración como equipo, posto que, ademais de ser irmáns, traballan xuntos.

 Tanto Celestino como Jorge recoñecen que este é un deporte moi sacrificado posto que require de moito tempo e inversión.A participación en cada un dos rallys pode supoñerlles uns 2.000 euros, sen ter en conta ningún contratempo e grazas a que o equipo que o acompaña está composto por amigos que axudan de balde. Así, o maior premio neste deporte non son os cartos que poidan conseguir, senón outras cousas máis pequenas, como a satisfacción persoal por un bo resultado ou o apoio de familiares, amigos e seareiros.

Redacción Salnés