Gran debut dos equipos do Cambados T.M.

tenisdemesa250_081008.jpgCAMBADOS > Xa arrancou a competición en tenis de mesa, aínda que o mellor equipo do Salnés, o Establecimientos Otero, tocoulle descansar na primeira xornada de División de Honor. Bo inicio en conxunto para o Cambados Tenis de Mesa que levouse a victoria en tódolos seus enfrontamento agás en nun deles.

Principiou a temporada en tenis de mesa e de novo o Cambados T.M. reclama tódalas atencións con equipos en practicamente a totalidade das categorías.

Non xogou o mellor, o Establecimientos Otero que deberá agardar ata o sábado para facer a súa estrea, será nun dobre encontro que disputará en Cambados.

En Segunda Nacional, como era de agardar, victoria cómoda para o Grupo Barros sobre o Vincios, por 1-4. Ñajo Padín e Karol Hasek solventaron sen problemas os seus enfrontamentos, mentres que o cadete Fernando Padín caeu ante o local Ramón Becerra, sen dúbida un dos mellores xogadores da categoría. Con esta importante victoria mandan un claro aviso de que este equipo tan só ten na mente o ascenso.

Por un obxectivo ben diferente loitará o Joiería Enrique que pretende non pasar apuros. Caeu na súa estrea ante o Liceo Casino, unha derrota previsible ante un rival de categoría. O resultado final foi de 4-2.

Máis abaixo, en Primeira Galega o Caixa Galicia levouse a victoria ante o Monteporreiro por 4-1. Triunfo moi traballado ante o xoven equipo pontevedrés, onde destacou a actuación de Miguel Chaves e bo debut, pese ós nervos, de Tomas Carbajal e Rubén Lois.

En Segunda Galega o Insucarpi impúxose nun encontro moi reñido ó Ribadumia, por 4-3. Unha victoria que lle vai outorgar certa tranquilidade ó equipo para poder dar entrada en vindeiros partidos ós alevíns Martín Regueiro e Iván Lois.

Redacción Salnés