Pedro Nimo e María Jesús Gestido gañadores da XVII Carreira Popular Santa Uxía

RIBEIRA> Máis de mil atletas déronse cita esta pasada fin de semana na 17ª edición da Carreira Popular de Santa Uxía. A proba, organizada polo Concello en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e outras entidades, foi valedeira tamén para o Campionato Galego de 10 Quilómetros en Ruta. Os gañadores da carreira foron, en categoría masculina, o santiagués Pedro Nimo, do equipo Dare2b, Akka Essaadoui, de S.A. Valmiñor, e Rubén Caamaño, de C.A. Sar. En categoría feminina a vencedora foi María Jesús Gestido Rodríguez, de Gimnástica de Pontevedra, seguida de Raquel Suárez, do Ría de Ferrol, e Mela Penas, de Comesaña. Os mellores participantes locais dna proba foron Juan Antonio Gude Vila e Sabela Pensado Parada.