RIANXO> Foi un acto sinxelo, pero emotivo. Nel estiveron presentes familiares, amigos, compañeiros e tamén autoridades.
Dábase así cumprimento a un acordo plenario aprobado por unanimidade en febreiro pasado, a unha proposta que facía Rianxo en Común, pero que tamén respaldaron o resto de grupos que compoñen a corporación municipal. Poñerlle o nome de José Manuel Abuín ‘Chema’ ó pavillón municipal.
Unha instalación moi ligada a el. Na que exerceu a labor de conxerxe durante máis de 25 anos, ata que un tráxico día, repentinamente, se foi.
No acto Tamén falaron o alcalde, Adolfo Muíños, e o edil de Deportes, Xusto Ordóñez. Os dous tiveron tamén palabras de lembranza para Chema.
Unha vez descuberto o rótulo exterior e tamén unha placa conmemorativa no interior das instalacións, desenvolveuse posteriormente un encontro amigable de antigos compañeiros e integrantes do Club de Voleibol, deporte, que xunto co fútbol, foi outro das súas paixóns, ó que axudou a medrar e a converterse nunha disciplina con numerosos seguidores na vila.