Os veciños da Ribeiriña esixen ó executivo a regulación do tráfico

    ceferinodiaz_100_290609.jpgPOBRA> O deputado socialista no Congreso, Ceferino Díaz, visitou A Ribeiriña para comprobar o estado das obras que Costas está a desenvolver na zona.

    {flowplayer}barbanza/ceferinodiaz.flv{/flowplayer}

    Hai uns catro meses, o deputado socialista xa visitara esta zona para atender as demandas dos veciños que esixían a mellora da seguridade neste vial, con risco de derrube.

    Agora, Ceferino Díaz tivo ocasión de comprobar o resultados dos traballos, a piques de finalizar, nos que Costas investiu máis de trescentos mil euros. Unha contía pequena, segundo o deputado, para unha obra tan importante para os veciños.

    Os residentes están satisfeitos coa actuación aínda que destacan que quedan pendentes algunhas cuestións como a colocación dunha varanda de seguridade para evitar o risco de accidentes, sobre todo dada a cantidade de nenos que viven neste núcleo. Segundo informou Ceferino Díaz, esta actuación xa está contemplada e se desenvolverá nos próximos días.

    Regulación do tráfico

    Outra das demandas formuladas polos veciños é a regulación do tráfico, ben nun só sentido ou limitando o acceso a residentes, compromiso que no seu día fora adquirido polo executivo local pero que non se chegou a cumprir.

    Dende a agrupación socialista levarán a cabo diversas iniciativas a nivel municipal para instar ó goberno a cumprir o seu compromiso.

    Redacción Barbanza