Javier Puertas será o novo presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía

    tomas_100.jpgVILAGARCIA> Francisco Javier Puertas Castillo será o novo presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, un posto ó que tódalas quinielas…

    {flowplayer}images/salnes/290609_novo_pte_porto_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    … apostaban que ía a ser proposto o presidente do Partido Popular neste Concello Tomás Fole. Esta resolución do Partido Popular a nivel autonómico non sorprendeu ó líder do PP vilagarcián, que mesmo asegurou teren sido eles, os populares de Vilagarcía os que salientaran outras alternativas a súa persoa. Sobre o novo presidente, Fole asegura que o coñece desde fai anos e mesmo que lle teñen unha relación cordial, que de seguro derivará nunha fructífera futura colaboración.

    Tomas Fole asegura que se sinte satisfeito con esta resolución posto que el mesmo apostaba por ela, logo de sopesar os posibles pros e contras que tería este cargo para el. Por un lado é un posto moi agradecido pero el preferiu non asumilo por se puidera constituír un atranco na súa carreira cara á alcaldía de Vilagarcía.

    Desde o goberno local de Vilagarcía valoraron dun xeito completamente distinto que Tomas Fole non fose o escollido para rexentar a autoridade portuaria nos vindeiros anos.

    O líder do PP Vilagarcián contestou asegurando que se sinte persoalmente valorado e respaldado polo seu partido, e dá por seguro que él será o próximo candidato dos populares á alcaldía de Vilagarcía.

    Redacción Salnés