O BNG boirés critica o aumento nun 20% do salario do alcalde

    bngboirosalarios_copia.jpgBOIRO> Segundo os nacionalistas existe unha clara incongruencia, ó actuar de xeito diferente ó que predicaban dende a oposición.

    {flowplayer}barbanza/bngboirosalarios.flv{/flowplayer}

    Arestora celébrase o pleno de organización da nova corporación boiresa no que se debate o réxime de retribucións e indemnizacións dos concelleiros e do alcalde do novo goberno. O principal grupo da oposición, o BNG non agardou nin tan sequera a que se celebrase esta sesión para arremeter contra o novo executivo, ó que acusou de non levar a cabo a política de austeridade que tanto reclamaba dende a oposición.

    Os nacionalistas tamén critican o elevado salario que percibirá a dedicación parcial, uns 40 mil euros ó ano, e o feito de que sexa precisamente esta a que deba asumir as áreas de maior responsabilidade: Obras Públicas e Vías, Urbanismo e Economía e Facenda. Dende o BNG tampouco se está de acordo coa comisión de coordinación municipal pola que os sete edís no equipo de goberno percibirán unha comisión de 600 euros ó mes sen ter asignado un horario específico de atención ó público.

    Redacción Barbanza