Os personaxes de Valle-Inclán saen á rúa para conmemorar o 150 aniversario do seu nacemento

    POBRA> Este xovesas rúas da Pobra do Caramiñal convertéronse en escenario das obras de Ramón María del Valle-Inclán. Co gallo do 150 aniversario do nacemento do ilustre dramaturgo e veciño, a Fundación e o Museo que levan o seu nome ofrecen diversas actividades ao longo destes dous meses. Ata nove personaxes escaparon durante unhas horas dos versos do célebre escritor para deleitar aos pobrense coas dúas creacións. As representacións desta mañá forman parte do espectáculo “A Ruta das Verbas”, unha visita guiada dramatizada que percorrerá as rúas pobrenses durante os meses de xullo e agosto. Para o vicepresidente da Fundación é importante celebrar e destacar esta efeméride dos 150 anos do nacemento do escritor. Os que desexen gozar desta proposta multilateral, poderán unirse a esta “Ruta das Verbas” tódolos xoves do verán, a partir das doce da mañá, na Pobra do Caramiñal.