NOIA> A Xunta de Galicia destinará máis de 300 mil euros á mellora do IES Virxe do Mar de Noia. O delegado territorial, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o centro educativo onde deu a coñecer os detalles da actuación que suporá unha importante mellora da eficiencia de enerxética.
Na súa liña de mellora e acondicionamento dos centros educativos, a Xunta acometerá unha intervención no IES Virxe do mar de Noia. Consistirá na renovación da carpintería exterior eda cuberta e así como o arranxo dunha pasarela cuberta que conecta dous módulos.
O IES Virxe do Mar constitúe un edificio histórico que no seu día albergou a casa consistorial noiesa. Na actualidade, reconvertido en centro educativo acolle a preto de 500 alumnos e ademais de ESO e Bacharelato conta cun módulo de imaxe e son.
O director do centro agradeceu o investimento previsto pola Xunta no edificio principal e aproveitou para demandar unha futura actuación no módulo máis novo.