Rafael Álvarez ‘El Brujo’ volverá a Ribeira este outono

RIBEIRA> Tralo éxito da súa primeira actuación o pasado ano, Rafael Álvarez ‘El Brujo’ volta a Ribeira. Será o 18 de outubro cando recale novamente no auditorio municipal con ‘El viaje del monstruo fiero’. As entradas sairán á venda o próximo luns.

Aqueles que non puideran ver a Rafael Álvarez ‘El Brujo’ na súa primeira función en Ribeira o pasado ano terán este outono unha nova oportunidade. O gran mestre das táboas recalará na capital barbanzá o 18 de outubro coa estrea de ‘El viaje del monstruo fiero’.

As entradas poderanse adquirir a partir do vindeiro luns na ofician de atención cidadá ou por internet.

A actuación de El Brujo é tan só un adianto da ampla e variada programación cultural para este outono na que está a traballar o concello de Ribeira e que se presentará proximamente.