Cambados clausura o obradoiro de emprego As Telleiras

    telleiras100_300609.jpgCAMBADOS> O Obradoiro de Emprego As Telleiras clausurouse esta mañá. Nos últimos doce meses, corenta persoas desempregadas recibiron formación …

    {flowplayer}images/salnes/as_telleiras.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> O Obradoiro de Emprego As Telleiras, de Cambados, clausurouse esta mañá. Nos últimos doce meses, corenta persoas desempregadas recibiron formación en albanelería, cantería, carpintería, xardinería e medio ambiente.

    Os encargados de darlles os diplomas foron o alcalde e maila xefa territorial da Xunta en Pontevedra. Ana Ortíz destacou a aposta da Xunta pola formación de profesionais en oficios tradicionais e animou ós alumnos a aproveitar o aprendido para introducirse no mundo laboral.

    Amais de coñecementos teóricos, os alumnos desenvolveron diversas obras, como a creación dunha área recreativa en Covas de Lovos, as beirarrúas de Vilariño, a recuperación de rutas de sendeirismo e de fontes e lavadoiros. O Concello destacou que as actuacións deste Obradoiro contribuíron a mellorar a imaxe de Cambados, ademais de a recuperar espazos e patrimonios como a praia das Saíñas e as antigas telleiras do Facho, na parroquia de Castrelo.

    O Concello de Cambados xa ten presentado na Xunta o proxecto para continuar co obradoiro As Telleiras.

    Redacción Salnés