200 ciclistas celebrarán o vixésimo aniversario da Marcha Cicloturista do Club Lobeira

VILGARCÍA> A Marcha Cicloturista do Club Ciclista Lobeira cumpre este ano a súa edición número 20 cun poder de convocatoria que non perde pulo. A organización conta xa con preto de 200 inscritos para participar no percorrido de case 100 km, no que participan ciclistas de toda Galicia e de fóra das fronteiras da comunidade.

 

Vinte anos cúmprense xa da primeira Marcha Cicloturista organizada polo Club Ciclista Lobeira. Este domingo, ao redor de 200 ciclistas reuniranse en Fexdega, punto de saída, para percorrer 100 km de estrada que os levarán por todo O Salnés.

Dentro do percorrido, a organización destaca dous enclaves estrela: as cimas de Lobeira e Armenteira.

Un ano máis, poderá asistir a esta marcha quen o desexe. Iso si, é importante ter en conta a dureza dalgunhas partes do trazado.

A saída está prevista ás 9 e media da mañá do recinto de Fexdega, en Vilagarcía.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/28/marcha_cicloturista.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/28/marcha_cicloturista.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí