Puertas afrontará con ilusión e optimismo a presidencia do Porto

    puertas_100.jpgVILAGARCIA> Traballemos o día de hoxe con motivos de mañá é a máxima de traballo ca que chega o novo presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía.

    {flowplayer}images/salnes/010709_entrevista_javier_puertas.flv{/flowplayer}

    Á espera de ser nomeado oficialmente nas vindeiras semanas, Javier Puertas fala do cargo que lle ven de ser outorgado e que asume con ilusión, ganas de traballar e moito optimismo. Ata a súa toma de posesión Javier Puertas prefire manterse na distancia e non falar de ningún plan en concreto para a rada arousá; con todo, si ten claro cal debe ser a misión no futuro deste porto vilagarciá.

    O futuro presidente acolleu de bo grao as valoracións positivas que se sucederon desde os distintos eidos tras coñecer a resolución do Partido Popular favorable a súa persoa. Con todo, puntualiza que non se tratou dunha sorpresa senón dun asunto xestionado desde fai tempo con exquisita discreción e confidencialidade.

    No tocante ó outro candidato do que se falara a priori para este mesmo cargo, o líder do PP local Tomás Fole, Puertas só ten boas palabras para a súa persoa á que asegura que ten aprecio, respecto e cariño logo de ter pasado moi bos momentos na súa compaña. De feito, en canto soubo do seu nomeamento, Fole foi o destinatario de unha das súas dúas chamadas máis especiais. O outro receptor foi o aínda Presidente do Porto, Javier Gago.

    O caracter deste vigués afincado en Vilagarcía ponse aínda máis de manifesto no achegamento co que se relaciona cos que espontaneamente xa se achegan a darlle os seus parabéns e desexarlle unha boa singradura.

    Redacción Salnés