Vilagarcía pon en valor o sector do mar coa segunda edición do EspaVila

VILAGARCÍA> Vilagarcía centra a segunda edición do seu programa espaVila no sector do mar. Ao longo desta fin de semana, o concello organizará diferentes charlas e eventos para poñer en valor o sector. O programa permitirá crear sinerxías e debates que repercutan positivamente nos traballadores do mar.

O concello de Vilagarcía puxo en marcha o pasado ano o programa espaVila. Unha iniciativa que cada ano se centra nun sector para poñelo en valor e promocionar o seus produtos. O protagonista desta edición é o sector do mar. En diferentes puntos da vila xa se poden observar os adornos mariñeiros.

O programa ten como obxectivo facer reflexionar ao sector, poñelo en valor e buscar sinerxias e proxectos que permitan mellorar os seus traballos.

Durante toda a fin de semana terán lugar charlas pero tamén diferentes espectáculos como showcokings ou actividades para nenos e nenas.

O showcookings deste venres correron a cargo de Javier Ollero, Rafa Cento e Marcos Cerqueiro e mañá será a quenda de Beatriz Sotelo, Xosé Magalhaes e Toñi Vicente. Os seus pratos converteranse no mellor escaparate para os produtos do mar de Vilagarcía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí