VILAGARCÍA> Vilagarcía acollerá os vixésimo quintos xogos minoritarios para persoas con discapacidade intelectual de Galicia. O obxectivo é demostrar á sociedade ás capacidades que teñen as persoas con necesidade de apoio. 220 atletas participarán o sábado a partir das 10:45 en Fexdega.
Vilagarcía será a sede da vixésimo quinta edición dos xogos autonómicos de deportes minoritarios Special Olympics Galicia. Unha competición na que as persoas con discapacidade demostran as súas habilidades en diferentes deportes. Nesta edición participarán 220 atletas de 18 entidades galegas.
As modalidades deportivas divídense en competicións individuais e colectivas como tenis de mesa, bádminton e tenis, e competicións adaptadas como desprazamentos, tiros de disco, xogos con pelotas, equilibrios e bolos.
Esta competición permite facer fincapé na igualdade de oportunidades para as persoas con discapacidade.
Esta é a cuarta edición que terá lugar en Vilagarcía grazas ao traballo da asociación Con Eles e ao apoio do concello. Dende a administración destacan a importancia que supón para as persoas con discapacidade participar neste evento.
A competición terá lugar ao longo da mañá do sábado. Pola tarde os participantes, familiares e demais persoas dos centros participantes gozarán con diferentes actividades de ocio.