O Grove protesta en Pontevedra e entrega máis de 3.600 sinaturas para denunciar a situación no seu centro de saúde

PONTEVEDRA> Os veciños do Grove levaron o seu enfado coa situación do seu centro de saúde ás portas do Hospital Provincial de Pontevedra. A corporación municipal ao completo mobilizounos nesta protesta, que acompañaron coa entrega de máis de 3.600 sinaturas. O venres están convocados a unha reunión coa xerencia da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Decenas de veciños do Grove atenderon ao chamado do seu concello. Hoxe ás 11 da mañá concentráronse ás portas do Hospital Provincial, fartos da situación que levan anos sufrindo no seu centro de saúde.

A protesta acompañouse coa entrega de máis de 3.600 sinaturas. Lonxe quedaron os nove facultativos, dous deles pediatras, cos que contaba O Grove hai varios anos. Recortes que repercuten na atención que reciben os veciños.

A corporación meca volveu presentar unha fronte unida nesta reclamación de melloras na atención sanitaria do concello. Ademais de representantes do goberno, hoxe asistiron á concentración os voceiros de Partido Popular, BNG e Esquerda Unida.

O alcalde explicou que este venres ás 12.00 están citados a unha reunión co xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés para trasladarlle as súas demandas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí