A conselleira comprométese a crear un Hospital Único con 700 prazas

    pilar_farjas100.jpgPONTEVEDRA> Pilar Farjas insiste en ubicar o centro hospitalario no monte Carrasco. Segundo as primeiras previsións estará rematado no ano 2015.

    A consellería insiste construír o Hospital Único no Monte Carrasco de Marcón, en contra da opinión do goberno local. A intención da consellería é que o centro conte con 700 camas dende o seu inicio, que superen as 600 prazas hospitalarias que agora na área sanitaria de Pontevedra.

    A consellería vai manter varias reunións co goberno local de Pontevedra e a Deputación provincial, na vindeira semana, para definir o novo hospital. O proxecto da consellería está dotado de 180 millóns de euros. Segundo os prazos iniciais, a obra licitarase no ano 2011 e terá un prazo de execución de 66 meses. Si a consellería consegue impoñer o seu criterio o Hospital Único de Pontevedra estará construído no ano 2015. Pilar Farjas explicou hoxe en Pontevedra o futuro uso das actuais infraestruturas sanitarias, Montecelo e o Hospital Provincial, que quedarán nun segundo plano. 

    NOVO XERENTE DE ATENCIÓN PRIMARIA 

    A consellería acudiu hoxe a Pontevedra para presentar ó novo responsable de atención primaria no complexo hospitalario de Pontevedra. Chámase Manuel Castro Pazos, e ten unha ampla experiencia en atención primaria na provincia. Foi coordinador médico e xefe de servizo do equipo de atención primaria de Vilagarcía. Entre os seus proxectos están as peticións históricas dos sanitarios como conceder máis tempo nas consultas cos pacientes e dotar de máis recursos económicos á atención primaria.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/020709_conselleira_sanidade.flv{/flowplayer}