O Grove acolle esta sábado os nacionais de triatlon

triatlon250_020709.jpgGROVE> Esta mañá foi presentado no Grove o Campionato de España para categorías junior e cadete que se disputa o sábado. É a primeira vez que a vila acolle unha proba destas características, e dende o concello desexan que non sexa a última. Varios galegos acuden con opcións de levantar o título.

A provincia de Pontrevedra está a converterse na meca do triatlon. A nova de que a cidade do Lérez será sede do Campionato de Europa de 2011 coincidíu coa presentación no Grove do Campionato de España cadete e junior. Ademais, Cangas acollerá o absoluto próximamente.

No concello meco amosáronse moi satisfeitos por acoller esta proba, sobre todo por terse imposto nas votacións a cidades como Barcelona ou Ibiza. Algo que dende a Federación Galega tamén valoran.

No estrictamente deportivo, haberá dúas carreiras. A primeira delas con saída ás 15:00 para os cadetes. 750 metros a nado na zona de Confín, 10 quilómetros de bicicleta ata Virxe das Mareas e que os deixará de volta no centro da vila e 3.000 metros máis a pé para rematar na zona da Praza do Corgo. Os juniors farán a mesma distancia a nado, 20 quilómetros de bici e 5 a pé.

Moitos dos triatletas galegos parten con opcións de victoria. En cadete David Castro, do Rodense, campión autonómico de duatlon, ou Roberto Barral, subcampión de España da mesma disciplina. Uxío Abuín e Alejandro Pérez tentarán impoñerse en junior.

Nas mulleres, en cadetes Camila Alonso, do Triatlon Ferrol, Judith Salazar, do Lagunak de Navarra, campiona e subcampiona de España de Duatlon, son as dúas atletas a seguir. Nerea Castro e María Martínez teñen tamén posibilidades de gañar en junior.

A gran ausencia será a de Óscar Vicente, o que sería o gran favorito á victoria pero que se perde a proba por estar convocado coa absoluta no Campionato de Europa. Con todo, serán 260 os participantes entre as catro categorías.

Redacción Salnés