O Extrugasa en busca dunha victoria que lle dé a permanencia

SALNÉS> O Establecimientos Otero pecha mañá a temporada regular no Pombal ante o Estudiantes, coa cuarta praza en xogo. Mentres na Liga Femenina o Extrugasa xoga na cancha do Ibiza coa intención de rachar cunha xeira de nove derrotas consecutivas.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_250311.flv{/flowplayer}

Último esforzo para o Extrugasa que despois do encontro de mañá afrontará a derradeira semana de competición, na que recibirá o mércores o Olesa e pechará a liga ante o Navarra, os dous últimos clasificados. O certo é que a permanencia aínda non está atada matemáticamente. As posibilidades de descenso das vilagarciáns, son iso sí, remotas. Por iso queren tranquilidade absoluta canto antes e sacarse unha espiña que teñen cravada dende o 15 de xaneiro, día da última victoria.

O rival de mañá, o Ibiza, é un equipo que se fai moi forte na casa e que presume de ser unha das mellores defensas de toda a liga.

No baloncesto maculino o Xuven pon o peche á temporada regular ante o Estudiantes. Sen nada en xogo verdadeiramente importante o único que queda por saber é o posto que ocuparán os cambadeses ó final de liga. O máis probable é que sexan cuartos se é que son quen de gañar o seu partido e o Zamora perde en Marín. Serían quintos en caso de que non se cumprisen esas dúas premisas e sextos de perder ante o Estudiantes por máis de 14 puntos.

Redacción Salnés