A bandeira do ITU Multisport xa están en Pontevedra

Pontevedra> Os motores xa están en marcha para a celebración do vindeiro ITU Multisport. Un evento que se celebrará na cidade de Pontevedra do 27 ao 5 de maio do 2019.  A Boa Vila colleu o relevo de Fyn, en Dinamarca, no peche dos campionatos que tiveron lugar durante a pasada semana. Dende o concello fixeron nesta xornada un balance máis que positivo des experiencia.

Abandeira azul que identifica a este importante evento deportivo, que reúne cinco campionatos do mundo de tríatlon ao mesmo tempo, pasou de mans do presidente da Federación Danesa de Triatlón, Mads Freuds, á do alcalde de Pontevedra. A delegación de Pontevedra ven coas pilas cargadas deste evento, do que ademais se traen a un campión mundial, a Pablo Dapena.

Dende o concello amosáronse orgullosos da reposta e da acollida da cidade de Pontevedra nesta importante cita deportiva, onde delegacións como as de Xapón ou a americana xa lle anunciaron que para o vindeiro ano incrementarían notablemente o número de persoas que asistirán a dito evento.

Con este acto rematou o traballo da delegación pontevedresa en Dinamarca, que de cara a coordinar os traballos das seccións de seguridade, mobilidade, loxística, voluntariado e promoción, realizou durante estes días numerosas reunións con responsables técnicos da ITU e da Federación Danesa de Tríatlon.