POBRA> Esta fin de semana disputarase o Campionato Galego de Salvamento Acuático Deportivo de Verán.
{flowplayer}barbanza/campionatosalvamento.flv{/flowplayer}
Os mellores clubs de salvamento e socorrismo acuático de Galicia daranse cita esta vindeira fin de semana no areal de Cabío na Pobra do Caramiñal onde está previsto disputar o Campionato Galego de Salvamento Acuático Deportivo de Verán.
A proba, organizada pola Federación Galega de Salvamento e Socorrismo, arrancará mañá sábado ás nove da mañá e estará dirixida ás xuvenil-junior e senior. Entre os clubs participantes atópanse o SAPO de Pontevedra, o SAFE de Ferrol ou o Umia de Caldas de Reis.
O edil de Deportes pobrés, Xesús Dieste, animou ós veciños a acudir ata o areal de Cabío e presenciar unha proba do máis alto nivel deportivo.
Dase a circunstancia que a Federación Galega ten previsto seleccionar neste campionato ós integrantes da selección Galega de Salvamento, que defenderán os intereses de Galicia no Campionato de España por Comunidades Autónomas e que se disputará en Ribeira a finais deste mes de agosto.
Redacción Barbanza