O Agnusdei cae ante o Novás e quédase ó borde do abismo

balonman250_170309.jpgSALNÉS> Non foi unha xornada propicia para os conxuntos do Salnés. Caeron tanto Rasoeiro como Albariño Agnusdei. Os meañeses despídense practicamente das súas opcións de permanencia despois de sufrir unha mala actuación arbitral.

As baixas e os árbitros condenaron ó Albariño Agnusdei ante o Atlético Novás (22-24). O equipo non chegaba nas mellores condicións, nin fisica nin moralmente, pero  tiveron as súas opcións de victoria. Como xa sucedera a semana pasada en Camariñas, a actuación dos colexiados foi decisiva, tanto que fixo perder os nervos ó porteiro e presidente do club meañés, Pedro Pérez, que encarouse cun dos árbitros nos compases finais do encontro. Foi expulsado e podería caerlle unha dura sanción.

No estrictamente deportivo, repetíuse o guión da maior parte da temporada. Boa primeira metade e baixón na segunda debido ó cansancio. Os do Rosal souberon abrir brecha tralo descanso e administrar a súa renta de ahí ata o final.

Esta derrota deixa ó Agnusdei penúltimo a oito puntos da salvación cando quedan dez en xogo. As súas opcións de permanencia son moi escasas. Poderían recobrar certa esperanza se son quen de gañar no seu dobre enfrontamento desta semana ó Artai Poio, pechacancelas. O xoves recibiranos en Coirón, na disputa da xornada aprazada no seu día polo temporal, e o sábado xogarán fóra.

O Rasoeiro pola súa parte afrontará a dobre xornada ante o Balonmán Deza, primeiro en Lalín e despois no Grove. Os mecos non teñen aínda atada a permanencia logo de que esta fin de semana caeran na pista do Guardés por 35-29. A igualdade foi a tónica dominante durante a primeira metade agás no tramo final, no que os locais fóronse tres arriba.

Outro apagón de cinco minutos do Rasoeiro, mediada a segunda parte, permitíu que ós da Guardia obtivesen diferencias de seis goles, que xa foron definitivas.

Redacción Salnés