![]()
SALNÉS> Este ano volvemos a ter dous representantes na División de Honra, a segunda máxima categoría a nivel nacional: estarán o Establecimientos Otero e o Liceo Casino. Na primeira xornada, unha de cal e outra de area: gañaron os cambadeses e perderon os vilagarciáns.
Debut aplastante do Establecimientos Otero que se converte no primeiro líder tras gañar por 0-6 en Gondomar ó Vincios. Os cambadeses non pasaron nunca por apuros agás no primeiro encontro, o que disputaron Jorge Gambra co xamaicano Nigel Webb, que tivo que decidirse no quinto set. A partir de ahí, victorias cómodas por 3-0 e 3-1 para Kazeem Ahmed, Fernando Padín e Gambra, que demostran deste xeito o bo nivel co que comezan a temporada.
O sábado que ven terán que confirmar este bo inicio na pista do Arteal de Santiago, a partires das 18:00. Nas filas dos composteláns, un vello, coñecido da afección cambadesa, Eduardo Barreiro, que quererá completar unha boa actuación ante o seu ex equipo.
Peor sorte correu no seu debut o Liceo Casino, que xogaba na casa e nada puido facer o Monte Porreiro co que caeu por 2-4. Sergey Nigeruk foi o único que puido puntuar ante os pontevedreses. Gañou o primeiro partido e o quinto, pero entre medias Francisco Monroy e Andrés Guillermo Correa perderon os seus. Inician deste xeito a liga en oitavo lugar á espera de visitar o vindeiro domingo ó Club del Mar da Coruña, o domingo ás 11:00.
Redacción Salnés







