Pontevedra acolle no fin de ano a súa carreira máis solidaria

PONTEVEDRA> Neste tempo dos deportes apuntámoslles unha carreira solidaria para o día de fin de ano. A medio camiño entre o deportivo e o lúdico, chega a San Silvestre de Pontevedra que acada xa a súa trixésimo primeira edición e que este ano prevé importantes sorpresas. Aqueles que queiran despedir o ano facendo deporte e loitando contra o frío, o último día do ano Pontevedra acolle a trixésimo primeira edición da San Silvestre.

Unha carreira solidaria de a penas catro quilómetros, que ten saída e meta na Avenida de Montero Ríos. A organización agarda contar ca participación dunhas tres mil persoas ás que se lle roga unha colaboración solidaria en forma de alimento non perecedoiro. Amais dos premios acostumados, o Concello anunciou outros dous trofeos ós mellores disfraces: tanto en categoría individual como en grupos, co fin de facer desta carreira un acto lúdico e divertido. Amais, antes do comezo desta proba, prevista para as cinco da tarde do día 31, haberá unha master class de zumba. E para os que non queiran despegar os pés do chan pero si facer deporte con intensidade, tamén está prevista unha nordic walking. O prazo para anotarse permanecerá aberto ata o día 26 dos correntes.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/10/sansilvestre.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/10/ptac_san_silvestre_pontevedra.mp4{/flowplayer}