VILAGARCÍA > O bipartito propón retirar as distincións dadas no seu día a Franco e á súa muller, amais de ó sarxento da Garda Civil Manuel Bernal.
O goberno municipal de Vilagarcía proporá ó pleno tres medidas para aplicar a Lei de Memoria Histórica. Os membros do bipartito explican que no cadro de honor de Vilagarcía figuran nomes directamente relacionados coa represión sobre a poboación local.
En outubro do 36 concedéronselle os títulos de Fillo Adoptivo e Fillo Predilecto de Vilagarcía a Manuel Bernal Hernández. Este sarxento da Garda Civil estivo á fronte da toma militar da cidade contra o réxime republicano. En decembro de 1965 outorgóuselle a Medalla de Ouro a Francisco Franco e correspondendo ás diferentes visitas que facía ó Fogar Vilagarciá a muller do ditador, a corporación deulle en marzo do 67 a Carmen Polo a distinción da Perla de Arousa.
PSOE e BNG propoñen agora á nova corporación que se retiren estes recoñecementos. Deste xeito, o bipartito cumpre o acordo plenario de 24 de abril, aínda que queda pendente a dedicación dunha praza á Segunda República e a eliminación dos símbolos e elementos de exaltación franquista das rúas.
Redacción Salnés