‘Mementum’, unha App para controlar doenzas neurodexenerativas

    SALNÉS> ¿Imaxínanse poder controlar a diario a evolución dun doente cunha enfermidade neurodexenerativa como o Parkinson ou o Alzheimer sen moverse da casa, ca única axuda dunha aplicación dun teléfono móbil? Pois isto xa é posible grazas a Mementum, unha app que sairá a venda a vindeira semana para smartphones con sistema operativo Android. A empresa Taniwa Soluciones presenta ‘Mememtum’, unha aplicación para teléfonos móbiles que permite controlar desde calquera lugar a evolución diaria dos enfermos dalgunha doenza neurodexenerativa. O seu funcionamento é ben doado e rápido e xa está validado como unha ferramenta útil polo Hospital Ramón y Cajal de Madrid; os primeiros en probar esta aplicación. Esta app sairá a venda no market de Android a vindeira semana por a penas dous euros. Esta primeira posta en marcha co recoñecemento do tremor facial foi posible grazas ó financiamento de cidadáns anónimos. Esta achega fará que este ourensán afincado en Sanxenxo poida seguir a traballar co seu equipo multidisciplinar de Taniwa Soluciones neste insólito proxecto. Amais da programación e da investigación asesorados polo doutor Justo García de Yémenes; quédalles por diante unha dura tarefa de ensaios clínicos e de divulgación desta novidade en congresos médicos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/03/MEMETUM.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/03/APP_MEMENTUM.mp4{/flowplayer}