CAMBADOS> Cambados inaugura a exposición ‘Non somos números’. Unha mostra que amosa a violencia de xénero a través de 30 fotografías recreadas por mulleres que foron vítimas das súas parellas. A exposición busca visualizar a dureza da violencia de xénero e concienciar á poboación para evitar que se repitan estas situacións.
A violencia de xénero mostrada en primeira persoa polas propias vítimas. Persoas que sufriron unha situación cruel afectando ás súas vidas. Desta forma preséntase en Cambados a exposición ‘non somos números’. Unha mostra que amosa a realidade das mulleres maltratadas fóra das listas de vítimas mortas ou agredidas.
A través de 30 fotografías, as propias vítimas da violencia de xénero mostran situacións que viviron na realidade. A dureza das imaxes fixo que houbese momentos complicados durante as sesións de fotos pero tamén serviu como liberación para as vítimas.
A exposición busca visualizar a dureza da violencia de xénero e concienciar á poboación para evitar que se repitan estas situacións.
A exposición estará este fin de semana no auditorio da xuventude. A partir do luns trasladarase ao salón de plenos do concello.