O Pazo Rubiáns aspira ó distintivo ‘Xardín de Excelencia’

    VILAGARCÍA> A Deputación asinou un convenio cos propietarios para que o pazo acade esta distinción internacional

    {flowplayer}images/salnes/ColaboracionPazoRubains_271112.flv{/flowplayer} 

    A Deputación de Pontevedra, a través da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, traballará a partir de agora para que en novembro de 2013 sexan presentados os requisitos pertinentes que permitirán ó Pazo Rubiáns pasar a formar parte dos Xardíns de Excelencia en camelias. Un recoñecemento a nivel mundial que en España só o ostenta o Castelo de Soutomaior.

    Hai dous anos que se comezaron as tramitacións para acadar esta categoría e é a segunda vez que son visitados pola presidenta da Asociación Internacional da Camelia, Patricia Shors. Antes de novembro de 2013 presentarase un expediente completo para que no Congreso Internacional da Camelia, que se celebrará en Pontevedra en marzo de 2014, se lle poida entregar ó Pazo Rubiáns o seu distintivo como Xardín de Excelencia. Rafael Louzán sinalou que ábrese unha nova vía para potenciar o turismo na provincia de Pontevedra. 

    Para poder acadar esta categoría teñen que cumprirse unha serie de requisitos, como marcar as camelias, que haxa un mínimo de 250 ou posuír exemplares de máis de cen anos, algo que se cumpre en Rubiáns onde hai camelias que datan de 1840. Dende a Estación Fitopatolóxica do Areeiro traballarán arreo para poñer todo a punto e axudar ó Pazo de Rubiáns a cumprir este obxectivo.

    Redacción Salnés