A vitoria da Selección Española desatou a loucura en O Salnés

plantilla_deportes_espana_copia250.jpgVILAGARCÍA> Centos de persoas seguiron a vitoria de Españana pantalla xigante colocada na Praza da Peixería. O asubío final, desatou a loucura dos afeccionados que se dirixiron á praza de Galicia a celebrar un fito histórico.

{flowplayer}images/salnes/PARTIDO_ESPANA_PEIXERIA.flv{/flowplayer}

Vilagarcía, o Salnés enteiro, e por ende toda España, paralizouse onte ás oito e media da tarde. As rúas estaban desertas. E non era para menos. A selección española se xogaba o seu pase á final, contra Alemania, o inimigo da final da Eurocopa. Centos de vilagarciáns, seguiron o partido a través da pantalla xigante colocada na praza da peixería.

O asubío inicial puxo os nervios a flor de pel.Por si acaso, os máis supersticiosos pediron axuda divina, todo vale no amor, a guerra e o fútbol. O continuo bombardeo da vermella sobre a portería dos alemáns, levantou da cadeira ós afeccionados en máis dunha ocasión. Os máis nerviosos utilizaban o mellor remedio para calmarse, morder as unllas.

Unha marea vermella que pedía a gritos un gol. E foi no minuto 73, cando estallou a loucura colectiva. Un magnífico cabezazo de Puyol, meteu a España na súa primeira final dun mundial. A partir dese momento, os afeccionados pedían outro gol, que non chegou. Pero o marcador foi suficiente para que a selección faga historia e se meta na final do domingo fronte a Holanda.

Tralo asubío final, os afeccionados invadiron a Praza de Galicia para celebrar a vitoria con bandeiras de España. Ata os animais vestían cos colores da selección para celebrar a vitoria. En metade da marea vermella, dúas alemanas choraban a eliminación da súa selección pola campioa de Europa.

A festa prolongouse ata altas horas da madrugada. O mesmo escenario, repetiuse en outros municipios como Ribadumia, Cambados, O Grove e Caldas.

 Redacción Salnés