Marín Peixegalego e Basketmar Gijón triunfadores da VBC

fotobasquetcopia.jpgVILAGARCÍA> Marín Peixegalego e Basketmar Gijón foron os grandes triunfadores da fin de semana. Foron os que se levaron os títulos no Future Stars, o que é o prato forte desta cita. A ausencia do torneo internacional foi a gran falta do evento.

{flowplayer}images/salnes/VilagarciaBC090412.flv{/flowplayer}

En total uns dous mil rapaces participaron neste acontecemento que este ano volveu a celebrarse en Fexdega. E isto foi sen dúbida un punto ó seu favor nunha edición que malia todo se viu empañada pola ausencia do torneo internacional. Aínda así, o público que se achegou para seguir o torneo foi moi numeroso e o ambiente no recinto inmellorable.

No deportivo, o Marín Peixe Galego e o Basketmar Gijón foron os grandes triunfadores da fin de semana. Foron os que se levaron os títulos no Future Stars, o que é o prato forte desta cita. Os marinenses están a levar a cabo nos últimos anos un gran traballo coa canteira, traballo que está a da dar os seus froitos cada vez máis. Así o deixaron ver este ano, ó levarse o título tanto na categoría cadete como na junior. Os primeiros gañáronlle a final ó Distrito Olímpico de Madrid por 74 a 56 e o equipo junior fíxoo fronte ó Agustinos León por 62 a 33, tras dominar amplamente toda a competición.

En canto á categoría feminina, en cadetes as vencedoras foron as rapazas do Basketmar Gijón logo de gañarlle a final ó Distrito Olímpico por 43 a 39. E na categoría junior o primeiro posto foi a parar a Ourense, nada puido facer o Maristas ante o Carmelitas, que venceu por 45 a 30.

En infantil os vencedores foron o Grupo Covandonga que se levou o título tras derrotar ó Piélagos por 103 a 61. E o Basketmar Gijón que venceu ó Agustinos León por 40 a 32.

Pola súa banda, Estudiantes e Arxil foron os que se fixeron cos títulos da categorías alevín, finais que se disputaron ó comezar o evento. Foi esta ademais, a primeira edición do campionato mini dentro da Vilagarcía Basket Cup. A

sí é que, a pesares dos recortes, esta cita co baloncesto arousá continúa consagrándose como ineludible. O alcalde Tomás Fole, presidiu a entrega de premios.

Redacción Salnés