Conformados os cuartos de final do Mundial de hockei

hockei250_080709.jpgPONTEVEDRA> Continúa a disputarase o mundial de hockei a patíns en Vigo e Pontevedra. Onte rematou a fase previa, con victorias para España ante Angola e de Arxentina, no partidazo ante Portugal. Hoxe toca xornada de descanaso porque o mañá comezan os cuartos de final.

O partido máis agardado da primeira fase non decepcionou. As dúas grandes candidatas a desbancar a España como campiona do mundo ofreceron un excelente espectáculo nun partiudo repleto de emoción e calidade.

A victoria foi a parar a mans de Arxentina, por 3-2 e con ela a primeira praza do Grupo C. E iso que no primeiro ataque o cadro luso poñíase en vantaxe por mediación de Ventura. Foi un tanto que condicionou o choque porque os portugueses adicáronse a defender e a manter a renta.

Os arxentinos non podían co superar a Ricardo Silva, o porteiro estivo inconmensurable ata o treito final. Finalmente, a insistencia albiceleste tería recompensa. A catro minutos para o remate, os colexiados castigaron a Portugal cun penalti: errou Abalos pero non Ema no rexeite, que facía o empate. Xusto despois o liceista Pablo Álvarez poñía o 2-1 para incredulidade dos portugueses, que aínda así repuxéronse para empatar de penalti de novo por mediación de Ventura. Con 2-2 no electrónico e a pouco máis dun minuto para o remate, Pablo Álvarez facía o terceiro e daba a victoria para os de Martinazzo.

Así as cousas, Arxentina pasa como primeira de grupo e medirase a Italia nos cuartos, que empatou onte con Francia. Os galos serán precisamente o rival de Portugal na próxima rolda. O que gañe esa eliminatoria entre lusos e franceses podería atoparse nas semis coa gran favorita, España, que foi primeira de grupo, onte venceu con apuros a Angola por 3-2 e agora efrontarase a Suiza, subcampiona do mundo.

A outra eliminatoria de cuartos, que se cruzará  co gañador do Arxentina-Italia, será a que enfronte a Brasil con Angola. Tódolos encontros disputaranse na xornada de mañá.

Redacción Salnés