POBRA> Onte pola noite presentábase oficialmente o Club Barbanza Padel, unha entidade xurdida no seo da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza. A pesar de constituirse como club a finais do ano pasado, e mesmo iniciar a competición xa o pasado mes de xaneiro, non foi ata onte cando se producía o seu estreo oficial coma club. O Club Barbanza Padel é unha sección da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, que aglutina a gran cantidade de amantes deste deporte. Trátase do primeiro club federado de padel da comarca. A pesar da súa recente creación, o club xa conta con 24 licenzas federadas e con 44 socios afiliados, un número que agardan poder incrementar nos próximos anos debido ó auxe que está a ter esta modalidade deportiva na comarca. Un dos hándicaps do club, pasa por non dispoñer dunhas pistas nas que poder competir. Actualmente fano nas instalacións de Boiro Padel no polígono de Espiñeira, pero desexarían contar cunhas pistas propias na Pobra. Unha posibilidade que dende o concello xa están a contemplar. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/12/presentacionclubbarbanzapadel120214.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/12/presentacionclubbarbanzapadel120214.mp4{/flowplayer}
Inicio Deportes