Os mellores equipos de baloncesto de Galicia daranse cita esta fin de semana en Marín

Pontevedra>  Marín acollerá este domingo a fase semifinal da Copa Galicia. Unha cita que se disputará no pavillón da Raña e que congregará aos catro mellores equipos do baloncesto autonómico, a dous da ACB o Obradoiro e ao Bregán e dous da LEB Ouro o Basquet Coruña e COB Ourense. O concello de Marín tamén será o escenario da fase final desta Copa Galicia que terá lugar o 31 de outubro.

Marín xa ten todo listo para acoller un dos eventos deportivos máis importantes do ano, a Copa Galicia, unha cita que reunirá aos catro equipos máis importantes do panorama galego o Obradoiro, o Breogán o Basquet Coruña e o COB Ourese. Estes equipos disputaran as semifinais este domingo 16 de setembro no pavillón da Raña.

Unha cita que acollen con moito orgullo dende Marín, un concello, onde segundo a súa alcaldesa, se vive e se sinte moito o baloncesto.

Unha cita onde ten implicación a Federación de Baloncesto, o concello de Marín, a Xunta e como non tamén o equipo da casa.

Dende o Breogán de Lugo tamén quixeron agradecer nesta xornada a organización desta Cpà Galicia.

O domingo xogarase a fase seminfinal  o primeiro partido será as 18:00 e alí se enfrontarán  o Basquet Coruña e o Breogán, sendo a segunda quenda,  ás 20:00 horas, para o partido entre COB Ourense e Obradoiro. As entradas terán un prezo único de 10 euros e dará dereito a presenciar os dous encontros.  A fase final da competición será o 31 de outubro tamén no pavillón da Raña, en Marín.